
Benvidos e benvidas a Anaísa. Somos tres rapazas unidas por Humanidades; nesta facultade do Campus de Lugo comezou a nosa andaina xuntas. Compartimos clases, cafés, desvarios e o gusto pola Literatura ou a Historia. Somos distintas e polo tanto, compatibles; neste aspecto diferenciador intentaremos enriquecer o blog.
O porqué de Costureiras explicarao Sandra pois ten o seu aquel. Da nosa amizade naceu este blog e das nosas experiencias xuntas e por separado, naceran historias que contarvos. Eu son Gela inda que a miña primeira sílaba do nome é a que forma parte de Anaísa. Encántame o arte e sobre todo a arquitectura e a pintura; tamén a música é unha das miñas pasións e a partir do que compoño os meus relatos. A literatura galega sempre foi o meu punto fuerte en coñecemento e espero que no futuro próximo a Española e a Hispanoamericana enriquezan a miña visión.
Agora comezo sen máis demoras:
O día estaba nublado en pleno mes de Xulio; non me gustaba, a quen si? todos agardabamos pampos polo calor ou por unhas simples raiolas de luz. De súpeto pensei que o esperar me levaba ao futuro, é dicir, a nublalo momento presente.
Entón virei a miña face cara outro lado e decidín non acadar máis sentado a que escampara. O momento presente que continuaba nuboso e gris mireino con luz. Así cheguei a ver o que xa sabía: a luz sempre está aí, é cuestión de perspectiva como no arte, que eu quixera mirala.
Ao final escampou, coma sempre. Non hai día que non amencera pola mañanciña pero, ademais disfrutei o máximo do nublado, do non tan bo. Foi comfortable ver como a luz viña de dentro e non de fora como todos agardaban.
Que bonito se presenta sempre o presente: O aquí e agora. É sinxelo, pasaxeiro, real, vívido. A rosa do meu xardín onte non era máis que un capullo sen florecer, tan só espiñas; e mañá poida que se murche co sol ou coa falta de auga. Ai, pero hoxe! Hoxe é a flor que ulo pola mañá, que vexo chea de cor...é preciosa.
Por iso, Ainara! Sandra! J,enchantée de comezar este blog xunto vosa e..Aquí e Agora. :)
Nunca choveu que non escampara, din por ahí (aínda que en sitios como Macondo tardou, e tardou, e tardou). Se ó final todo é cuestión de perspectivas: mirar o mundo, mirar a vida, mirar as luces que veñen de nós cara fóra para iluminar os camiños a seguir. Mirar un sorriso pola mañá e sentirse disposto a bailar.
ResponderEliminarHumanidades como porto presente, pero quen sabe a onde nos levará o barco. Aquí e agora, como ben dis, comeza a nosa viaxe... só vemos horizonte, sen remate.